Cass Mccombs cancela a xira europea que o ía traer a Vigo o 7 de setembro.
Cancélase o concerto de Cass McCombs que ía clausurar a programación de verán do Festival Sinsal por motivos alleos á organización. Caixanova encargarase da devolución das entradas anticipadas. O Festival Sinsal seguirá traballando para elaborar unha programación de outono acorde ao nivel de esixencia do noso público.
Pronto máis novas e confirmacións do Festival Sinsal.











